Wer kann mir erklären, was folgende Veröffentlichung zu bedeuten hat:
(Link: http://www.derecho.com/l/bop-coruna/baixas-oficio-01…)
ANUNCIO
Por delegación de funcións a 1ª Teniente do Alcalde delegada de Interior, Dona María José Varela Neira, acordou notificar a solicitude de baixa de oficio das seguintes persoas:
E non sendo posible efectuar a notificación persoalmente, por descoñecerse o actual enderezo das persoas indicadas publícase a seguinte
NOTIFICACIÓN
Que tendo en conta que o artigo 54 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, na súa nova redacción, dada polo Real Decreto 2612/1996, de 20
de decembro, no que se establece que toda persoa que viva en España está obligada a inscribirse no padrón do concello no que reside habitualmente e que quen viva en varios concellos deberá inscribirse únicamente no que habite durante máis tempo ó ano.
Polo tanto, segundo se establece no apartado II, punto C.2 da Resolución do 9 de abril do 1997 da Subsecretaría do Ministerio da Presidencia, concédese un prazo de QUINCE DÍAS a contar desde o seguinte á data de publicación deste anuncio para que, os interesados poidan manifestar por escrito, se están ou non dacordo co expediente que se tramita, podendo aportar os documentos e xustificións que estime pertinentes, ó obxecto de acreditar a súa residencia.
O que se notifica, para xeral coñecemento e ós efectos de continuar a tramitación dos expedientes de baixa, en Oleiros, o 19 de novembro do dous mil nove.
O alcalde
Por delegación de sinatura
Decreto nº. 2975/2007
María José Varela Neira
2009/17242